miércoles, 28 de octubre de 2020

Como vibra a Xeración Z?

 

Que é un Zillenial?

Cando falamos de Zillenials ou Xeración Z non nos referimos a ningunha clase de Zombies como puidese parecer, se non as rapazas e rapaces nados entre os anos 95 e o 2010; co cal estamos a falar das persoas que actualmente teñen entre 10 e 25 anos, é dicir, a actual xuventude.


E en que se diferencia un Zillenial das outras xeracións?

“Cada xeración quere un símbolo, xente nova, novos nomes, queren divorciarse das xeracións anteriores”. -Jim Morrison-

Dise que son:

1. Son considerados os primeiros nativos dixitais, debido a que naceron rodeados de dispositivos electrónicos cos que puideron interactuar desde os primeiros anos de vida. Isto fai que tendan a utilizalos, especialmente o móbil, para realizar múltiples actividades da vida cotiá, como:

  • Comunicarse.
  • Buscar información.
  • Aprender.
  • Xogar.
  • Comprar.

Ademais, gran parte do seu tempo libre dedícano a utilizar as redes sociais e a consumir vídeos en streaming.

“Internet é moito máis que unha tecnoloxía. É un medio de comunicación, de interacción e de organización social”. -Manuel Castells-





2. Son impacientes e desconcentranse con facilidade. Debido ao alto uso que fan das tecnoloxías, están afeitos á inmediatez, xa que na internet todo se consegue de forma fácil e rápida. Con todo, a vida real non é así, o cal lles leva a ter pouca paciencia, a mostrar pouca tolerancia á frustración e a perder a concentración en moi pouco tempo.


3. Están máis concienciados co medioambiente. Esta xeración creceu sendo consciente do impacto do ser humano no ambiente e dos problemas que isto provoca a curto e a longo prazo. Polo que, en xeral, son persoas comprometidas co coidado e a protección da contorna e que teñen a intención de combater o cambio climático.


4. Son máis realistas. Viviron a gran crise económica do 2008 e as consecuencias da mesma, durante a súa infancia. O cal lles fai ser social e economicamente máis realistas, precavidos e responsables en comparación coas xeracións anteriores.


“A xeración Z é realista. Medrou nun mundo cheo de recordatorios do que está mal e do que se necesita cambiar”. -Lance Shields-


5. Respectan a diversidade. A persoas que forman parte da xeración Z nacen nun mundo globalizado caracterizado pola diversidade cultural, polo que están afeitos convivir e a relacionarse con todo tipo de xente. Ademais, a educación que reciben baséase na igualdade, a inclusión e o respecto pola diversidade. Todo iso fai que desenvolvan unha mente aberta, flexible e moi crítica con respecto a determinados temas sociais.

6. Tamén é importante ter en conta que están vivindo a época da pandemia COVID19, e as restricións inerentes a esta como son a distancia social, o aillamento... nun tramo de vida na que o grupo de iguais é o mais importante así como as relacións sociais o que fai que transladen aínda mais estas interaccións ao mundo virtual así como practicamente todo o seu ocio. Algo que seguro os deixará marcados para o resto da sua vida.



Se queres saber mais sobre a xeración Z, hai uns interesantes programas TV1, PlayZ nos que cada capítulo se centra sobre un tema: sexualidade, ámbito laboral...


Pertences a xeración Z? Cres que esta descripción te define?

A xeración Z e a música

Xa falamos de esta xeración escoita música en streaming, non comprar discos nin cds... E tendo en conta tamén a situación da pandemia, esta opción vólvese un campo moi atractivo tanto para as/os posibles usuarias/os como para as/os músicas/os profesionais ou aqueles grupos que queiran probar sorte neste campo. É moi importante lexislar esta nova opción xa que actualmente ten moitas lagoas. Promover concertos por medio de streaming, aínda que sexa delimitado xeograficamente a unha comarca ou ao concello onde se vaia desenvolver o evento ou concerto, para que se lles pague o caché a eses grupos e que a cidadanía poida ver que tamén hai outra forma de facer as cousas; e tamén presionar para que as grandes plataformas, como por exemplo, Spotify sexan mais transparentes nos seus contratos cos artistas.







Os estilos de música mais escoitados segundo un estudo de Snapchat son o hip hop, o rap e o trap.

E a pesar de que escoitar música ocupa unha gran parte do ocio de este colectivo; non participan en actividades regradas ou formativas, gústalles ser autodidactas. Buscan plataformas, apps, programas na rede que lles axuden a compoñer, aprender a tocar, ou a cantar e usan as redes sociais para mostras as suas habilidades, sendo TIK TOK unha das mais usadas por este grupo de idade.

A proposta de O Local

Intentando darlle resposta as demandas do colectivo para o que foi creado, a xuventude, O Local de Música é un centro sociocultural público adicado á música, dependente do Departamento de Xuventude do Concello de Pontevedra. Un lugar onde a xeración Z pode ensaiar, formarse, autogravarse, reunirse, deseñar proxectos, coñecer xente...


A través de diferentes actividades tales como Falso Directo, Xeración Sónica, e mais actualmente o Local Online... A equipa de O Local busca escoitar e adaptarse a esta xeración tan especial; a xeración Z que marcará, sen dúbida, o noso futuro próximo.


.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Como vibra a Xeración Z?

  Que é un Zillenial? Cando falamos de Zillenials ou Xeración Z non nos referimos a ningunha clase de Zombies como puidese parecer, se non...